Proxectos: Como presentar un proxecto a unha convocatoria de axudas aberta

Anualmente, publícase unha orde de axudas que establece as condicións de cada convocatoria.

ANO ORDE DE AXUDAS PRAZO DE SOLICITUDE
2025
Bases Reguladoras. ORDE do 12 de febreiro de 2025 da Consellería do Mar
(En vigor para a convocatoria de axudas 2025)
PECHADO
2024
Bases Reguladoras. ORDE do 28 de decembro de 2023 da Consellería do Mar
(En vigor para a convocatoria de axudas 2024)
PECHADO
2023
Bases Reguladoras. ORDE do 14 de setembro de 2023 da Consellería do Mar
(En vigor para os proxectos da convocatoria de axudas 2023)
PECHADO

A orde de axudas inclúe as directrices para garantir o cumprimento cos requirimentos dos Fondos Europeos e establece as Bases Reguladoras para a concesión de axudas para desenvolver proxectos nas zonas costeiras cumprindo cos obxectivos das súas Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) para o período 2023-2027 ao abeiro do FEMPA.

Para tramitar a presentación dun proxecto, debes facelo a través do procedemento PE155A, dispoñible na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

Ligazón: http://bit.ly/4lm6RRX  

Podes acceder directamente ao formulario e a toda a explicación do procedemento.

Ligazón: http://bit.ly/44yIfht  

Na sección do GALP Ría de Pontevedra na páxina web da Xunta de Galicia podes consultar os detalles específicos para preparar a proposta en liña cos obxectivos da EDLP do GALP Ría de Pontevedra. Desde o GALP asesorámoste ao longo do proceso de redacción e presentación da túa solicitude (886 213 015 / gacpontevedra@gmail.com).

Ligazón: http://bit.ly/44I5y8V  

Documentos de interese para as persoas/entidades promotoras:

Consulta as novas para coñecer as actividades de apoio á presentación de proxectos que realiza o GALP Ría de Pontevedra. 

Non perdas a ocasión de transformar as túas ideas en proxectos reais con impacto!

 

Quen pode presentar un proxecto para a súa financiación

Poden ser persoas beneficiarias das axudas ao abeiro do FEMPA, as seguintes:

  1. PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS(PEME), con personalidade xurídica, que cumpran os seguintes requisitos:
  • Teñan domicilio fiscal e social na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Desenvolvan o proxecto no ámbito de aplicación da EDLP do GALP-RP, a excepción dos municipios densamente poboados, é dicir, que desenvolvan o proxecto dentro do ámbito territorial que abarca os concellos de Bueu, Marín, Poio, Sanxenxo e Meaño.
  • O proxecto se adecúa ao obxecto social que se recolle nos seus estatutos rexistrados.

No caso do municipio de Pontevedra, poderán ser beneficiaras as PEMES que:

  • Teñan domicilio fiscal e social no municipio de Pontevedra.
  • No obxecto social que se recolle nos seus estatutos rexistrados figuran actividades propias do sector pesqueiro. De non ser así, e desenvolver actividades noutros sectores, deben acreditar que a maior parte da súa facturación no ano anterior á convocatoria, provén do sector pesqueiro.
  1. PERSOAS FÍSICAS, TRABALLADORAS AUTÓNOMAS, que cumpran os seguintes requisitos:
  • Teñan domicilio fiscal e social na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Desenvolvan o proxecto no ámbito de aplicación da EDLP do GALP-RP, a excepción dos municipios densamente poboados, é dicir, que desenvolvan o proxecto dentro do ámbito territorial que abarca os concellos de Bueu, Marín, Poio, Sanxenxo e Meaño.

No caso do municipio de Pontevedra, poderán ser beneficiaras:

  • As persoas traballadoras autónomas integrantes do sector pesqueiro.
  • Os familiares do sector pesqueiro; persoas físicas, que teñan a condición de autónomas, ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade cun familiar, vivo ou falecido no ano inmediato anterior á data de solicitude, que sexa ou fose unha persoa pescadora, mariscadora, acuicultora ou persoa traballadora en activo relacionada coa actividade pesqueira ou que traballase neste sector de forma manifesta.
  1. ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCROpersoas xurídicas, que cumpran os seguintes requisitos:
  • Teñan domicilio fiscal e social na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Desenvolvan o proxecto no ámbito de aplicación da EDLP do GALP-RP, a excepción dos municipios densamente poboados, é dicir, que desenvolvan o proxecto dentro do ámbito territorial que abarca os concellos de Bueu, Marín, Poio, Sanxenxo e Meaño.

Considéranse nesta tipoloxía:

  • Confrarías de pescadores e as súas federacións.
  • Asociacións profesionais do sector pesqueiro e as súas federacións.
  • Entidades sen ánimo de lucro integradas só por confrarías de pescadores e/ou asociacións do sector pesqueiro.
  • Asociacións declaradas de utilidade pública.
  • Entidades sen ánimo de lucro cos seguintes obxectivos nos seus estatutos:
    • Fomentar as actividades náuticas.
    • Promocionar os produtos pesqueiros do territorio.
    • Fomentar o medio ambiente mariño e costeiro.
    • Promover o patrimonio cultural marítimo pesqueiro.
  • Entidades públicas locais.

No caso do municipio de Pontevedra, soamente poderán ser beneficiaras:

  • As entidades sen ánimo de lucro do sector pesqueiro, persoas xurídicas, con domicilio fiscal e social no municipio de Pontevedra, e que no obxecto social que se recolle nos seus estatutos rexistrados figuren actividades propias do sector pesqueiro.
  • As entidades públicas locais, con domicilio fiscal e social no municipio de Pontevedra, que desenvolvan proxectos dirixidos especificamente á poboación integrante do sector pesqueiro ou proxectos que presenten beneficios para o resto do territorio da zona pesqueira.

Ademais, hai que ter en conta, o seguinte, para todos os casos mencionados:

  • Se os proxectos supoñen a realización dunha actividade económica, só poderán ser beneficiarios as PEMES, segundo a definición do Anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño.
  • Para ser elixibles, os beneficiarios das axudas teñen que dispor de capacidade administrativa, financeira e operativa.

En caso de operacións que impliquen investimentos en infraestruturas ou investimentos produtivos, deben dispor de recursos e mecanismos financeiros necesarios para cubrir os costes de funcionamento e mantemento das operacións, para garantir a súa sustentabilidade financeira.

Os beneficiarios das axudas tamén poden concorrer conxuntamente. Neste caso é necesario:

  • Facer constar na solicitude, expresamente, cales son os compromisos que corresponden a cada implicadona execución das accións, así como o importe da axuda solicitado por cada un dos posibles beneficiarios.
  • Nomear un representante ou apoderado único da agrupación, debendo corresponder a unha das partes implicadas, con poderes bastantes para cumprir os deberes que, como beneficiario das axudas, corresponde á agrupación.
  • Ratificar os compromisos de participación conxunta e o nomeamento de apoderado, mediante documento outorgado ante á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, unha vez notificada a concesión da axuda.

As obrigas dos beneficiarios conxuntos son:

  • Se a agrupación incumpre, serán responsables todos os beneficiarios integrados nela, en relación coas actividades que se comprometesen a realizar, ou solidariamente, cando no fose posible determinar o alcance dos deberes correspondentes a cada un deles.
  • A agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo mínimo de catro anos de prescrición segundo o previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.