Quen pode presentar un proxecto para a súa financiación

Poden ser persoas beneficiarias das axudas ao abeiro do FEMPA, as seguintes:

  1. PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS(PEME), con personalidade xurídica, que cumpran os seguintes requisitos:
  • Teñan domicilio fiscal e social na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Desenvolvan o proxecto no ámbito de aplicación da EDLP do GALP-RP, a excepción dos municipios densamente poboados, é dicir, que desenvolvan o proxecto dentro do ámbito territorial que abarca os concellos de Bueu, Marín, Poio, Sanxenxo e Meaño.
  • O proxecto se adecúa ao obxecto social que se recolle nos seus estatutos rexistrados.

No caso do municipio de Pontevedra, poderán ser beneficiaras as PEMES que:

  • Teñan domicilio fiscal e social no municipio de Pontevedra.
  • No obxecto social que se recolle nos seus estatutos rexistrados figuran actividades propias do sector pesqueiro. De non ser así, e desenvolver actividades noutros sectores, deben acreditar que a maior parte da súa facturación no ano anterior á convocatoria, provén do sector pesqueiro.
  1. PERSOAS FÍSICAS, TRABALLADORAS AUTÓNOMAS, que cumpran os seguintes requisitos:
  • Teñan domicilio fiscal e social na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Desenvolvan o proxecto no ámbito de aplicación da EDLP do GALP-RP, a excepción dos municipios densamente poboados, é dicir, que desenvolvan o proxecto dentro do ámbito territorial que abarca os concellos de Bueu, Marín, Poio, Sanxenxo e Meaño.

No caso do municipio de Pontevedra, poderán ser beneficiaras:

  • As persoas traballadoras autónomas integrantes do sector pesqueiro.
  • Os familiares do sector pesqueiro; persoas físicas, que teñan a condición de autónomas, ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade cun familiar, vivo ou falecido no ano inmediato anterior á data de solicitude, que sexa ou fose unha persoa pescadora, mariscadora, acuicultora ou persoa traballadora en activo relacionada coa actividade pesqueira ou que traballase neste sector de forma manifesta.
  1. ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO, persoas xurídicas, que cumpran os seguintes requisitos:
  • Teñan domicilio fiscal e social na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Desenvolvan o proxecto no ámbito de aplicación da EDLP do GALP-RP, a excepción dos municipios densamente poboados, é dicir, que desenvolvan o proxecto dentro do ámbito territorial que abarca os concellos de Bueu, Marín, Poio, Sanxenxo e Meaño.

Considéranse nesta tipoloxía:

  • Confrarías de pescadores e as súas federacións.
  • Asociacións profesionais do sector pesqueiro e as súas federacións.
  • Entidades sen ánimo de lucro integradas só por confrarías de pescadores e/ou asociacións do sector pesqueiro.
  • Asociacións declaradas de utilidade pública.
  • Entidades sen ánimo de lucro cos seguintes obxectivos nos seus estatutos:
    • Fomentar as actividades náuticas.
    • Promocionar os produtos pesqueiros do territorio.
    • Fomentar o medio ambiente mariño e costeiro.
    • Promover o patrimonio cultural marítimo pesqueiro.
  • Entidades públicas locais.

No caso do municipio de Pontevedra, soamente poderán ser beneficiaras:

  • As entidades sen ánimo de lucro do sector pesqueiro, persoas xurídicas, con domicilio fiscal e social no municipio de Pontevedra, e que no obxecto social que se recolle nos seus estatutos rexistrados figuren actividades propias do sector pesqueiro.
  • As entidades públicas locais, con domicilio fiscal e social no municipio de Pontevedra, que desenvolvan proxectos dirixidos especificamente á poboación integrante do sector pesqueiro ou proxectos que presenten beneficios para o resto do territorio da zona pesqueira.

Ademais, hai que ter en conta, o seguinte, para todos os casos mencionados:

  • Se os proxectos supoñen a realización dunha actividade económica, só poderán ser beneficiarios as PEMES, segundo a definición do Anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño.
  • Para ser elixibles, os beneficiarios das axudas teñen que dispor de capacidade administrativa, financeira e operativa.

En caso de operacións que impliquen investimentos en infraestruturas ou investimentos produtivos, deben dispor de recursos e mecanismos financeiros necesarios para cubrir os costes de funcionamento e mantemento das operacións, para garantir a súa sustentabilidade financeira.

Os beneficiarios das axudas tamén poden concorrer conxuntamente. Neste caso é necesario:

  • Facer constar na solicitude, expresamente, cales son os compromisos que corresponden a cada implicadona execución das accións, así como o importe da axuda solicitado por cada un dos posibles beneficiarios.
  • Nomear un representante ou apoderado único da agrupación, debendo corresponder a unha das partes implicadas, con poderes bastantes para cumprir os deberes que, como beneficiario das axudas, corresponde á agrupación.
  • Ratificar os compromisos de participación conxunta e o nomeamento de apoderado, mediante documento outorgado ante á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, unha vez notificada a concesión da axuda.

As obrigas dos beneficiarios conxuntos son:

  • Se a agrupación incumpre, serán responsables todos os beneficiarios integrados nela, en relación coas actividades que se comprometesen a realizar, ou solidariamente, cando no fose posible determinar o alcance dos deberes correspondentes a cada un deles.
  • A agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo mínimo de catro anos de prescrición segundo o previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.