A Confradía de Pontevedra limpa as praias de Poio coa axuda dos escolares como parte do proxecto «Ranchera: mellora e protección ambiental dos areais de Poio»»

O proxecto «Ranchera: mellora e protección ambiental dos areais de Poio» levado a cabo pola Confraría «San Telmo» de Pontevedra, grazas as axudas do GALP Ría de Pontevedra, consiste na adquisición do equipo necesario para realizar labores de vixilancia e limpeza dos areais e así garantizar a continuidade do recurso marisqueiro e a saúde ambiental das praias.

Como parte do proxecto, a confraría iniciou unha campaña de limpeza dos areais na que colaborarán centros educativos de Poio. O próximo luns, ás 11 h nenos e nenas dos colexios de Lourido, Viñas, Isidora Riestra, Chancelas e Espedregada desprazaranse ata o areal da Pinela, na Seca, para limpar de plásticos, botellas e demais lixo que chega ata a costa por acción das mareas e o vento da praia.

Ademais dos centros educativos, a confraría conta coa colaboración do Concello de Poio, dende o cal poñen a disposición dos colexios o autobús para o desprazamento dos nenos e nenas e guantes.

Esta iniciativa da confraría permitirá, xunto coa colaboración dos máis cativos e o concello, contar cunhas praias saudables, limpas e, ao mesmo tempo, axudar aos/as mariscadores/as no coidado das mesmas e mantemento dos recursos marisqueiros.