Procedemento de Contratación de Asistencia Técnica para a posta en marcha da Actividade de Dinamización Remuda xeracional do GALP Ría de Pontevedra.

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra, dada a demanda do sector pesqueiro de falta de relevo xeracional,  pon en marcha un proxecto divulgativo grazas ao cal ensinar aos xóvenes as saídas profesionais vinculadas ao mar.

O obxectivo desta actividade é dar a coñecer á mocidade (estudantes do/s último/s ano/s da ESO e bacharelato) as posibilidades laborais que ofrece o sector pesqueiro para promover o relevo xeracional e, en xeral, os oficios vinculados ao mar con especial énfase en aqueles vinculados as actividades do crecemento azul.

As actividades a realizara para a promoción da incorporación da mocidade e oficios vinculados ao sector pesqueiro ou marítimo en xeral, son as seguintes:

‐ Invitacións aos centros escolares a participar coa achega do programa deseñado de actividades a desenvolver polos alumnos do centro educativo.

‐ Edición de material didáctico para repartir aos escolares participantes na campaña (solo impresión do material xa dispoñible polo GALP).

‐ Xornada nas aulas. Presentación de oficios pesqueiro e marítimos nas aulas dinamizados con vídeos de persoas do sector orgullosas do seu traballo (vídeo xa realizado polo GALP).

‐ Xornadas de visita ás principais actividades do sector

‐ Memoria de execución.

Bases e documentación a presentar

Aclaracións ao procedemento

Guía “Remuda xeracional”: profesións, estudos e saídas profesionais

GALP 6_ANEXO III_Instrucción 11_Contratación