Nova convocatoria de axudas a proxectos para o desenvolvemento da contorna da Ría de Pontevedra

O GALP Ría de Pontevedra inicia unha nova campaña de promoción e difusión das axudas do FEMP nos medios de comunicación co obxectivo de chegar a toda a poboación interesada en emprender proxectos no seu territorio.

De aqui ata o 1 de Marzo de 2018, o GALP Ría de Pontevedra axudará aos promotores interesados en levar a cabo o seu proxecto (sexa produtivo ou non produtivo) en todo o que precisen, asesorándoos na elaboración da memoria do seu proxecto e apoiando as novas iniciativas dos promotores.

Para o ano 2018, o GALP dispón, inicalmente, dun total de 557.203,56 euros para proxectos produtivos (de empresa) e 300.032,68 euros para proxectos non produtivos (non xeneran actividade económica) o que fai un total de 857.236,24 euros para o desenvolvemento e dinamización sostible da zona marítima pesqueira da ría e a súa área de influencia.

Dende aquí, o GALP Ría de Pontevedra quere animar a todo aquel con algunha idea que queira chegar a desenvolver no seu territorio, a informarse sobre a proxima convocatoria de marzo 2018.