Proposta definitiva da Xunta Directiva de aprobación de proxectos produtivos e non produtivos Convocatoria 2021

A Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevedra en reunión celebrada o 5 e 6 de abril de 2021 en Marín, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”. Esta resolución foi publicada na mesma data na web galp.xunta.gal e no taboleiro de anuncios do GALP Ría de Pontevedra.

Transcorrido o prazo de cinco días hábiles para a presentación de alegacións, a Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevera en reunión mantida na data do 14 de abril analizou as catro alegacións presentadas así como realizou a avaliacion de proxectos que completaron a documentación en prazo no período de tempo transcorrido entre ambas reunións. Así, eleva a público a proposta definitiva de aprobación de proxectos produtivos e non produtivos así coma os desestimados para a convocatoria de 2021.

Nos seguintes enlaces  poden consultarse as resolucións definitivas:

Esta proposta de resolución definitiva de Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da Convocatoria 2021, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para proxectos produtivos e non produtivos para esta adxudicación de axudas da convocatoria 2021 e aos límites de execución dos obxectivos estratéxicos da EDLP do GALP Ría de Pontevedra. As cantidades aprobadas pendentes de dispoñibilidade de fondos son propostas para a súa incorporación en lista de agarda seguindo as prioridades dos proxectos aprobados.

Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Ría de Pontevedra.