As praias da Ría de Pontevedra lucirán 22 bandeiras azuis

Esta semana fíxose pública a lista de praias con bandeiras azuis para este verán. Das 55 bandeiras azuis outorgadas a praias da provincia de Pontevedra, 22 están dentro do territorio do GALP Ría de Pontevedra.

Sanxenxo é o  concello cun maior número de bandeiras alcanzando as 13, séguenlle os  concellos de Marín e Bueu con 4 cada unha e por último o  concello de Poio cunha bandeira.

As praias nas que veremos ondear a bandeira azul son:

  • Sanxenxo: Areas, Caneliñas, Lanzada-O Espiñeiro, Canelas, Montalvo, Silgar, Bascuas, Major, Foxos, Areas Gordas-As Lapas, Pragueira, Baltar e Paxariñas.
  • Bueu: Area de Bon, Portomaior, Lagos e Lapamán.
  • Marín: Mogor, Portocelo, Aguete e O Santo-Coviña.
  • Poio: Cabeceira.

Ademais das praias, o territorio do GALP Ría de Pontevedra conta con dous dos seis portos deportivos das Rías Baixas co recoñecemento ambiental de Adeac, os de Sanxenxo e Portonovo.