As praias da Ría de Pontevedra lucirán 22 bandeiras azuis
Esta semana fíxose pública a lista de praias con bandeiras azuis para este verán. Das 55 bandeiras azuis outorgadas a praias da provincia de Pontevedra, 22 están dentro do territorio do GALP Ría de Pontevedra.
Sanxenxo é o concello cun maior número de bandeiras alcanzando as 13, séguenlle os concellos de Marín e Bueu con 4 cada unha e por último o concello de Poio cunha bandeira.
As praias nas que veremos ondear a bandeira azul son:
- Sanxenxo: Areas, Caneliñas, Lanzada-O Espiñeiro, Canelas, Montalvo, Silgar, Bascuas, Major, Foxos, Areas Gordas-As Lapas, Pragueira, Baltar e Paxariñas.
- Bueu: Area de Bon, Portomaior, Lagos e Lapamán.
- Marín: Mogor, Portocelo, Aguete e O Santo-Coviña.
- Poio: Cabeceira.
Ademais das praias, o territorio do GALP Ría de Pontevedra conta con dous dos seis portos deportivos das Rías Baixas co recoñecemento ambiental de Adeac, os de Sanxenxo e Portonovo.