O GALP Ría de Pontevedra acolle a presentación do proxecto de cooperación Candieira: rede de apoio e promoción das mulleres do mar de Galicia
XORNADA DE PRESENTACIÓN DO PROXECTO
CANDIEIRA “REDE DE APOIO E PROMOCIÓN DAS MULLERES DO MAR EN GALICIA”
Candieira[i] é un proxecto de cooperación entre os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, Costa da Morte, Seo de Fisterra Ría de Muros Noia Costa Sostible, Ría de Arousa, Ría de Vigo A Guarda e Ría de Pontevedra, actuando este último como coordinador do proxecto. O seu principal obxectivo consiste en reforzar a gobernanza e o empoderamento das mulleres do mar nas diferentes zonas costeiras.
Poñendo en marcha actividades dinamizadoras e innovadoras tentaremos mellorar a situación das mulleres do mar, favorecendo a igualdade de oportunidades, a mellora laboral e profesional, e a xeración de redes de traballo compartido.
Ver nota de prensa de la presentación http://mar.xunta.gal/gl/nova?id=nova_estandar21812.html
[i] Candieira promóvese no marco da Orde de axudas a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020.