Participa na elaboración dunha nova estratexia da zona pesqueira
- O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra inicia un proceso aberto ás entidades e cidadanía para elaborar unha nova estratexia da zona pesqueira
Que é a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP)?
A EDLP é o documento que vai a orientar a aplicación do Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (FEMPA) para o período de fondos europeos 2021-2027. O GALP vai a colaborar coa Consellería do Mar, na posta en marcha da mesma, para impulsar un novo programa de axudas para a zona costeira.
Que é o que temos que facer?
O sector pesqueiro, as institucións, as entidades sociais e a cidadanía, poden a través de diferentes espazos e medios identificar cales son as necesidades do territorio e definir os retos e liñas de actuación para mellorar a situación da zona costeira. Deste xeito, imos definir as iniciativas que queremos para o noso territorio
Como podes participar?
O proceso é aberto, e podes participar de maneira presencial, virtual ou a través da web e redes sociais do GALP. As actividades que imos desenvolver son:
- Reunións presenciais e virtuais de diagnose e de definición do plan de acción da estratexia
- Formulario online para a elaboración da Estratexia
- Proceso de consulta pública da estratexia.
FORMULARIO ONLINE
Podes facer as túas achegas para a elaboración da estratexia clicando no seguinte enlace.