Proposta de Resolución Definitiva da Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da Convocatoria 2021-08

A Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevedra en reunión celebrada o 6 de outubro de 2021 en Marín, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “ORDE de 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2021”.

Esta resolución foi publicada, na mesma data, na web galp.xunta.gal e no taboleiro de anuncios do GALP Ría de Pontevedra.

Transcorrido o prazo de cinco días hábiles para a presentación de alegacións, e sen que se presentara ningunha, a Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevera en reunión mantida na data do 15 de outubro analizou os proxectos que aínda non foran avaliados e que completaron a documentación en prazo no período de tempo transcorrido entre ambas reunións e resolveu diferentes incidencias detectadas. Así, eleva a público a proposta definitiva de aprobación de proxectos produtivos e non produtivos así coma os desestimados para a convocatoria correspondente á convocatoria de agosto de 2021.

Nos seguintes enlaces  poden consultarse as resolucións definitivas:

Esta proposta de resolución definitiva de Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da Convocatoria de agosto de 2021, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para proxectos produtivos e non produtivos para esta adxudicación de axudas da convocatoria  de agosto de 2021 e aos límites de execución dos obxectivos estratéxicos da EDLP do GALP Ría de Pontevedra e de esta no seu conxunto.

Os proxectos para os que non alcance o financiamento incorporaranse a unha lista de agarda.

Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Ría de Pontevedra.